¡Crea o teu Blog Xa!

Ver Máis Blogs

GuGara.comGaliza

Buraco Na Alma

Pensamentos ¿típicos? dunha rapaza de 18 anos

Presentación

14/03/2006

Sempre pensei que a morriña era algo que só coñecían os escritores da nosa literatura,un sentimento de desarraigo que xamais coñecería.

Agora sei que existe, que é tan real como a vida mesma, e que aparece cando xa non tes algo no que antes nin sequera pensabas. Sabías que o tiñas pero era coma se non o tiveras.

O momento de deixar a terra natal é bastante raro. Marchas coa sensación de que estás a piques de atopar un sitio mellor e á hora da verdade non é así.

Son moitos os motivos polos que unha persoa pode deixar o seu lugar: a procura de novas oportunidades, un traballo mellor, novas sensacións... no meu caso ¿amor?

Teño 18 anos, ata fai pouco os sentimentos que acabo de contar aquí enriba non existían na miña vida. Non escribo este blog para que o lea moita xente, é coma unha especie de terapia. Neste blog procurarei contar os meus sentimentos calados, aquí leredes o que a miña morriña sinte, a miña historia, a miña forma de ser. Pídovos desculpas se o meu galego é malo, aínda que o cambio de lingua na miña vida tivo lugar fai pouco, é increible a capacidade de adaptación que temos as persoas para poder comunicarnos cos do noso entorno,somos capaces de chegar ó extremo de deixar o noso idioma por outro que nin sequera coñecemos nin apreciamos, e todo iso...¿por amor?

Convídovos a deixar os vosos comentarios coas vosas opinións ou pensamentos

Licenza:CC Reconocimiento NoComercial SinObraDerivada

Comentarios

  1. Ánimo co blog, co galego, co novo sitio no que te atopas... Sorte con todo e oxalá que poidas pouco a pouco encher de sorrisos os buracos da alma

    Un saúdo

    Xabre
    http://aouriceira.blogsome.com
    http://galiza.gugara.com/aouriceira


    Xabre | 17-03-2006 - 17:12:54 #
  2. e teño 20 anos descubrin o amor fai pouco e tamen bou marchar da miña terra queria so para estares sunto o meu amor.
    so che podo dicires ke animo e moita sorte a morriña podela sentir incluco estando na propia terra galega, pero iso e outro tema. procuroche sorte e moito animo os galegos ke seguimos en galiza damosche animos. e ke ondee a bandeira galega estes onde estes. moitos bicos aqui tes un galego ke te apoia.


    El_Duende | 29-10-2006 - 08:36:35 #
  3. Aii dimo a min, que estou estudando medicina en Santander e non da chegado o día de volver a GZ!
    Choro tantas veces... esta xente é tan insensible, boto de menos tanto á miña terriña.

    Ánimo! Eu dentro de pouco estarei xa en Compostela!!!


    Ana Afonso | 15-01-2007 - 00:50:47 #
  4. Ai que formoso sentimento eu sou militar enrolado na mariña e cada vez k saio de mision e sair da zona de tui e sentir kmo o meu corazon empequeenece e doeme,ten pra o rapaz k di k ten o amor lonxe soms dous meus kajo na bretema eu funme namorar dnha mdrileña e faime gracia k a morriña da persoa amada unese a saudade da terra e o pederoso destes sentimentos pero como desia o meu abo os galegos sempre prevalecems ante tdo asi que non teñams medo a aprenderes algunha loukura o aventura xk galiza sempre esta en nos e nos levams a galiza a tdalas partes xk onde imos arrasams xk soms Unikos


    Ruben | 05-02-2007 - 00:04:25 #
Escrebir Comentarios






Etiquetas html permitidas: <a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>



Inicio | Arquivo | Categorías
Busca
Sindicar
Post (RSS2)

Añadir Feed a:

Arquivo | Queres crear un Blog aqui
Sitio desenvolto, deseñado e xestionado 100% con Software libre: GNU/linux, GIMP, PHP, MYSQL, APACHE, ...